Unha multitudinaria Festa da Auga volve celebrar San Roque en Vilagarcía

VILAGARCÍA> San Roque e sobre todo a auga foron hoxe os protagonistas indiscutibles da xornada en Vilagarcía e na comarca do Salnés. A Festa da Auga converteu a vila nun formigueiro de xente, lista para honrar o santo e disipar o calor a base de cubos e mangueiras.

Esta foi a proclama máis escoitada hoxe en Vilagarcía de Arousa. Como cada 16 de agosto, a vila volveuse render á Festa da Auga. A xornada arrincou coa tradicional suba da imaxe de San Roque dende a capela ata á igrexa parroquial. Tralo pregón, que este ano correu a cargo da asociación feminista vilagarciá O Soño de Lilith, desatouse a loucura.

Milleiros de persoas achegáronse ata Vilagarcía para participar desta festa, dispostas a honrar a San Roque e a disipar o calor a base de cubos e mangueiras e, sobre todo, moita, moita auga. Sen dúbida, unha das máis populares de toda Galicia.