RIANXO> O concello de Rianxo vén de asinar un acordo coa empresa Netcycle para promover a reciclaxe entre a cidadanía. A compañía elabora mobiliario urbano, como papeleiras e bancos, a partir de residuos plásticos.
Papeleiras, bancos e ata marquesiñas. A empresa Netcycle transforma os residuos plásticos recollidos nas praias ou noutros espazos públicos nestes elementos do mobiliario urbano que dende agora lucirán tamén en Rianxo. O concello vén de asinar un acordo con esta compañía para promover a reciclaxe.
O convenio inclúe ademais actividades de sensibilización dirixidas á cidadanía, especialmente ós máis pequenos, que poden ver a transformación dos residuos nun produto final cunha nova vida útil.