Posible presenza real nos actos de aniversario de Jealsa

    reisboiro_100_150409.jpgBOIRO> O rumor que circula por Boiro vai tomado forma e semella máis que probable a presenza dos Reis nos actos de clausura do aniversario de Jealsa.

    {flowplayer}barbanza/reisboiro.flv{/flowplayer}

    A pesar da discreción con que se estaba xestionando a futura visita real por parte da directiva de Jealsa, é difícil gardar un segredo así nun municipio coma Boiro. Algúns coñecedores da posible presenza das súas maxestades na clausura do 50 aniversario da empresa conserveira Jealsa filtraron a información que xa foi recollida por varios medios de comunicación aínda que non confirmada de xeito oficial.

    Web

    O rumor tamén correu a toda velocidade pola rede e mesmo se chegou a crear un blogue con dirección visitadelosreyes.blogspot.com que recolle os detalles das negociacións para a visita.

    Esta se produciría na terceira semana de maio, probablemente o día 22, cando Don Juan Carlos e Dona Sofía presidirían a clausura dos actos de aniversario de Jealsa na pranta do Bodión, situada en Abanqueiro. Esta parroquia boiresa sempre estivo vencellada á familia real, posto que alí reside parte da familia Ricoy de Borbón, primos segundos do rei.

    Con tódolos datos difundidos polo citado blogue, o rumor vai tomando forma e en Boiro xa se da por segura a visita das súas maxestadas. Sen embargo, haberá que agardar á confirmación oficial por parte da Casa Real para ver se Don Juan Carlos e Dona Sofía lle fan un oco á vila barbanzá na súa apretada axenda.

    Redacción Barbanza