O PP de Boiro acusa ao goberno local de “trato de favor” ao GrupoBarbanza

    tratofavorgrupobarbanza_100_27022009.jpgBOIRO> Denuncian que se deron licenzas de ocupación en edificios con graves deficiencias.

    A agrupación municipal do partido popular de Boiro acusa ao executivo local de outorgar “trato de favor” a promotora inmobiliaria Grupo Barbanza, que se atopa inmersa nun concurso de acreedores presentado por cinco das súas empresas suministradoras.

    O grupo Barbanza edificou varios inmobles no termo municipal de Boiro. Entre eles figuran tres bloques de vivendas no casco urbano, emprazados na avenida da Constitución.

    Inmobles con carencias

    Dende a formación local do partido popular acusan ao goberno boirés de privilexiar a esta promotora ao outorgarlle licenza de primeira ocupación na coñecida como Torre Tres malia presentar graves deficiencias de habitabilidade.

    {flowplayer}barbanza/tratofavorgrupobarbanza.flv{/flowplayer}

    Entre outras, segundo expuxeron os populares, carecen de mobiliario urbano, de transformador eléctrico e de elementos de protección contraincendios como extintores. Tampouco se presentaron os boletíns de luz e auga, malia que no informe elaborado polo concello si se sinala que estes documentos lles foron entregados. Asemade, non entenden porque as obras de urbanización do contorno dos edficios, que deberían correr a cargo da propia promotora inmobiliaria, as están executando empregados municipais.

    Os populares tamén se preguntan porque a tasa de liquidación de obras executadas que abona esta promotora é significativamente inferior a que pagan outras empresas de Boiro.

    Dende o grupo popular non entenden porque o concello de Boiro firmou un convenio con esta promotora, malia que de todos era coñecida a dificil situación económica que atravesaba dende hai anos a empresa. Agora, din os populares, moitas das obras en proxecto quedarán sen executar.

    Ante estes feitos que os populares cualifican de “moi graves” creen que edil de urbanismo Xoan León debería presentar a súa demisión.

    Redacción Barbanza