Lousame organiza un curso para a busca de emprego

    LOUSAME> O executivo local convoca un curso de preparación para a busca de emprego, unha iniciativa totalmente gratuíta e dirixida ás mulleres do municipio. O curso terá lugar no concello, cunha duración de 32 horas lectivas, do 26 de maio ó 4 de xuño. A participación é totalmente de balde, aínda que existe un máximo de 20 prazas dispoñibles. Este curso organizado polo concello é unha das accións formativas incluídas en Activa Emprego, un programa formativo de mellora da empregabilidade entre as mulleres que está subvencionado con algo máis de oito mil euros pola Deputación da Coruña. Ademais deste curso de preparación para a busca de emprego, o concello de Lousame ten previsto organizar outro sobre agricultura ecolóxica. Para máis información ou incricións no departamento de Servizos Sociais, no 981 82 04 94 ou en www.concellodelousame.com.