Un proxecto dun millón de euros transformará a fachada marítima de Aguiño

RIBEIRA> O concello de Ribeira acometerá a reforma da fachada marítima de Aguiño. O proxecto que forma parte da estratexia EDUSI, suporá un investimento próximo ó millón de euros. A intención do executivo é licitalo proximamente para acometer os traballos ó longo do próximo ano.

A fachada marítima de Aguiño sufrirá unha fonda transformación trala reforma proxectada polo concello de Ribeira. A actuación, orzamentada en preto dun millón de euros con cargo ós fondos europeos do Plan Edusi, incidirá nun treito de algo máis de quilómetro e medio dende a punta da Marxa ata o cruce da rúa Castelao coa estrada xeral.

Procederase tamén á reordenación do tráfico cunha rotonda de entrada ó porto e á ampliación de zonas verdes para humanizar o bordo litoral. Na rúa Castelao instalarase un carril bici e ampliaranse as beirarrúas para favorecer a accesibilidade na zona.

Con este proxecto, o concello dá un paso máis na humanización do seu litoral iniciada con outras actuacións como a futura remodelación do peirao de Palmeira e diversas melloras no bordo costeiro de Castiñeiras.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí