VILAGARCÍA> Mal partido dos de Pablo Vázquez que colócanse antepenúltimos despois de deixar escapar a vantaxe adquirida co gol inicial de Hugo Soto.
{flowplayer}images/salnes/FutbolArousa_020309.flv{/flowplayer}
Despois da victoria da semana pasada o novo Arousa de Pablo Vázquez, aspiraba a distanciarse do descenso ante un rival directo como o Gran Peña, pero os vilagarciáns non estiveron á altura, e deixaron marchar dous puntos da Lomba que os volvería a colocar en Preferente Autonómica. Onte, foron dominados polo seu rival case de principiu a fin.
De feito as ocasións máis claras na primeira metade foron do Gran Peña. A primeira, ós 20 minutos, cun disparo cruzado de Couso. Pouco despois, dobre oportunidade: primeiro Moncho sácalle un balón a Brais nun man a man. No corner posterior é Luis Alberto o que despexa o remate visitante sobre a mesma liña de gol.
O único achegamento con certo perigo por parte do Arousa foi un lanzamento lonxano de Hugo, á media hora de partido, que atrapou sen problemas Rafa.
A segunda metade abríuse coa lesión de Santos, nun lance fortuito do xogo que obrigoulle a retirarse do campo. O partido entrou nunha tónica de igualdade ata que no minuto 26, Hugo Soto, recibía un bo servicio de Padín para asinar o 1-0. O máis dificil estaba feito.
Incluso rozouse o 2-0 nun libre directo de Padín poucos minutos despois. Pero a resposta do Gran Peña foi contundente. Primeiro avisou cunha falta de Lelo. Logo, Cousa facíalle un roto a Alberto, que entrara por Santos, e batía case sen ángulo a Moncho.
Puido chegar o 1-2. Os visitantes lanzaron ó longueiro preto do final; o Arousa veuse abaixo nese tramo final. Pero xa non se movería nada. Reparto de puntos que deixou, polo visto no campo, máis contento ó cadro local.
Redacción Salnés