Uns 14 equipos da zona norte disputarán este domingo a V Bandeira de Bateis Concello da Pobra

POBRA> As augas da dársena comercial acollerán este vindeiro domingo a partir das dez e media da mañá a quinta edición da Bandeira de Bateis concello da Pobra.

A regata está organizada polo Club de Remo Puebla e nela tomarán parte ó redor duns 14 equipos da zona norte.

Dende o Club organizador destacaron a importancia desta regata, a primeira de outras que o equipo terá a ben organizar no mes de abril como é o caso do Campionato Territorial, o Campionato Galego e o Campionato de España, o que converterán á localidade na capital do remo non só a nivel galego senón tamén nacional.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí