A ABE busca fórmulas para atraer empresas a Espiñeira

    ampliacionespineira_100_030309.jpgBOIRO> Os empresarios de Boiro buscan fórmulas para mellorar o polígono de Espiñeira que facilite a implantación de empresas.

    {flowplayer}barbanza/ampliacionespineira.flv{/flowplayer}

    A Asociación Boirense de Empresarios ten solicitada unha entrevista coa Dirección Xeral de Industria para achegar unha serie de propostas encamiñadas a mellorar o polígono de Espiñeira. Actualmente a maior parte das parcelas da segunda fase está aínda sen adquirir posto que as condicións do polígono non satisfacen as necesidades do empresariado. Por este motivo, os empresarios buscan fórmulas que contribúan a dinamizar a implantación de empresas incorporando fórmulas máis flexibles.

    Prezos elevados

    De igual modo, dende a patronal local consideran que o prezo de adquisición das parcelas é moi elevado, o que supón unha serie traba par a atracción de empresarios que se poidan asentar no parque. E é que, existindo chan industrial e demanda por parte dos empresrios, este non satisface as súas necesidades.

    Solución ás deficiencias

    Ademais a segunda fase presenta deficiencias moi importantes relacionadas coa falta de presión da augas, as deficiencias no subministro eléctrico, no sistema de depuración, o alumeado ou a seguridade. Neste sentido, dende a ABE propoñen como primeiro paso a consittución dunha comunidade de propietarios para promover unha serie de demandas e solicitudes conxuntas.

    Redacción Barbanza