A ocupación hoteleira da provincia caeu un 7 por cento en agosto

    ocupacionhoteleira_100_020909.jpgPONTEVEDRA> A pesar deste descenso con respecto ó mesmo período de 2008, Turismo Rías Baixas fai unha lectura positiva, xa que se superaron as previsións.

    {flowplayer}images/salnes/020909_louzan_turismo.flv{/flowplayer}

    O padroado Turismo Rías Baixas presentou esta mañá os datos de ocupación hoteleira relativos ó mes de agosto. As cifras indican que os aloxamentos turísticos descenderon nesta tempada un sete por cento con respecto ó mesmo período do ano pasado, unha caída leve tendo en conta que se superaron as previsións marcadas inicialmente. Só Sanxenxo se desmarca desta tendencia, consolidándose como o motor do turismo nas Rías Baixas. A súa ocupación foi do 87 por cento, un cero 22 por cento superior a agosto do 2008. Séguenlle Baiona e Pontevedra. No caso da capital de provincia cabe destacar as primeiras fins de semana do mes, nas que a Feira taurina e as festas da Peregrina fixeron que se cubrisen o 100 por cen das prazas hoteleiras. Unha tendencia que se mantivo en xeral durante a primeira quincena, na que os niveis de ocupación superaron ós do ano pasado. Segundo os datos recollidos polo Observatorio Turístico das Rías Baixas, a maioría dos visitantes que se achegan á provincia son españois, sobre todo madrileños que veñen co obxectivo de coñecer a zona e descansar. Viaxan en parella, o seu nivel adquisitivo é medio alto e prefiren os hoteis para pasar as vacacións. Unha estancia que se prolonga arredor de 4 días nos que realizan un gasto medio de 600 euros. Un 63 por cento, repite visita.

    A partir dos datos recollidos, Turismo Rías Baixas realizará nos vindeiros meses unha serie de xuntanzas con representantes do sector para ir deseñando a que será a súa folla de ruta de cara ós próximos 2-3 anos. Búscase así impulsar un dos motores económicos de Galicia.

    Redacción Salnés