Satisfacción entre os rañeiros no ecuador da campaña do libre en Arousa

RIANXO> Os mariscadores que desenvolven a campaña do libre marisqueo nos Lombos do Ulla están a coller sen dificultade a ameixa xapónica. Aínda que abonda o recurso, o prezo comeza a baixar. todo o contrario do que acontece co berberecho que, malia que escasea, non baixa de cinco euros o quilo.

A presenza de marisco garante a continuidade da campaña, como mínimo, ata mediados de abril.

Estes bos resultados dos Lombos repítense no Bohído. Non así en Cabío que rexistrou unha importante merma da produtividade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí