A POBRA> O concello da Pobra volverá ofertar viaxes ás Illas Atlánticas este verán. Haberá, en total, seis saídas a Cíes, Ons e Sálvora. Como en anteriores edicións, estarán operados pola empresa Piratas de Nabia.
O concello da Pobra incrementa a súa oferta estival con varias saídas ó Parque Nacional das Illas Atlánticas dende o porto pobrense.
A primeira das viaxes será o domingo 30 de xuño con destino ás Cíes mentres que o 28 de xullo e o 11 de agosto visitarán a illa de Ons.
Ademais de Ons e Cíes, o programa inclúe tamén dúas saídas a Sálvora, unha delas nocturna.
Pechará o programa unha nova excursión a Cíes o 1 de setembro. Os interesados poden anotarse a través da web piratasdenabia.com ou o teléfono 986 320048. Dende o departamento de Turismo aconsellan reservar praza canto antes para axilizar a tramitación dos permisos.










