O BNG demanda a posta en valor do Camiño Real

    POBRA> O BNG da Pobra do Caramiñal vén de solicitarlle ó equipo de goberno o arranxo urxente do coñecido como Camiño Real ó seu paso pola Ribeiriña. Os nacionalistas, que recollen as queixas dos veciños do lugar, demandan unha actuación integral na zona. Para o BNG pobrense moitas son as necesidades que presenta esta zona, dende hai tempo esquecida polos diferentes gobernos que foron pasando pola alcaldía. Por esta razón, e despois de recoller as propias demandas da veciñanza, reclaman unha actuación integral, incluíndo nos orzamentos do ano que vén a partida necesaria para poder realizala. Entre outros aspectos, piden o asfaltado e a instalación de beirarrúas no antigo Camiño Real, a principal vía de comunicación na zona, así como tamén a dotación de iluminación e mobiliario urbano ou a reorganización do tráfico. A maiores dende as filas da formación frentista reclamanlle tamén ó equipo de goberno que proceda o cambio de nome da vía, substituíndo o actual de Rúa 2 polo nome tradicional de Camiño Real.