![]()
VILAGARCÍA> As clases impartiranse tódolos martes pola tarde a partir da vindeira semana e ata o mes de xuño.
{flowplayer}images/salnes/030309_curso_danza_tradicional.flv{/flowplayer}
A idea de impartir este curso de danza tradicional galega responde a unha demanda realizada polas agrupacións de nais e pais do municipio. As clases comezarán a vindeira semana e prolongaranse ata o mes de xuño. Terán lugar tódolos martes pola tarde no pavillón do colexio A Escardia. O compositor e mestre de baile Serxio Cobos será o encargado de ensinar ós participantes a base da danza tradicional galega, xa que do que se trata é que os alumnos se deixen levar pola súa creatividade e improvisen.
O prazo para inscribirse no curso xa está aberto. En principio faranse dous grupos de 15 alumnos cada un, aínda que se poderían ampliar as prazas en función da demanda. Os interesados poderán anotarse nas oficinas da concellería de cultura.
Redacción Salnés









