Canalriasbaixas volve a incrementar a súa audiencia

    grafico_100.jpgCORPORATIVO > Segundo os últimos datos publicados pola prestixiosa empresa de medición de audiencias, TNS Sofres, CANALRIASBAIXAS, volveu a incrementar a súa audiencia mensual.

    Mentres as consideradas “grandes cadeas” se van de vacacións, CANALRIASBAIXAS, no verán realiza un inxente esforzo de cobertura informativa diaria, seguindo polo miúdo todos aqueles acontecementos de interese para a súa audiencia. Tamén contribuíu a este incremento da audiencia a emisión nesta tempada estival do seu coñecido magazine Verán Verán.veran_veran_200.jpg

    En termos concretos, segundo TNS Sofres, durante agosto pasado víronnos cada día unha media de 71.458 telespectadores, e durante setembro nos viron unha media de 66.918, o que confirma unha evolución positiva da audiencia desta canle na tempada 2007/2008, na que renovamos a tódolos presentadores. No tocante ó número de telespectadores diferentes, cabe destacar que en agosto foron máis de 275.600, e en setembro máis de 272.400.

    manurosa_200.jpgComparativamente, estes datos colócannos, xunto con Localia Vigo e Localia Coruña, entre as tres televisións locais galegas máis vistas; e no tocante ás comarcas de Pontevedra, Salnés, Barbanza e Muros-Noia os datos reflectidos por TNS Sofres indican que temos máis do dobre de telespectadores diarios que a seguinte televisión local máis vista e ata un 300% máis de telespectadores mensuais diferentes.

    Estes datos de audiencia positivos, sitúannos nunha inmellorable posición de partida de cara as emisións desta canle en TDT; que xa comezaron a estar operativas na canle 27 de UHF.

    Redacción Salnés