A segunda fase do Certame de Regueifas xa está en marcha

    certame_regueifas_100_030309.jpgVILAGARCÍA> Alumnos de 20 centros educativos da provincia de Pontevedra participarán na gala final…

    {flowplayer}images/salnes/030309_regueifas_castro_alobre.flv{/flowplayer}

    …Ata o vindeiro 18 de marzo os mestres regueifeiros Luís Caruncho e O Pinto d’Herbón están a percorrer estes institutos para seleccionar ós participantes que se enfrontarán no Certame de Regueifas.

    Humor, enxeño, creatividade e ritmo, moito ritmo. Estes son os ingredientes básicos de toda boa regueifa. Así llo están a ensinar os mestres Luís Caruncho e o Pinto d’Herbón a alumnos de segundo e terceiro de ESO de 20 centros de Pontevedra. Un deles é o IES Castro Alobre de Vilagarcía, e a xulgar polo arte dos rapaces, o nivel do certame de regueifas deste ano será moi alto.

    De cada un dos 20 centros participantes na provincia de Pontevedra sairá un grupo de 10 mozos que pasarán á final do Certame de Regueifas o vindeiro 17 de abril. O obxectivo do concurso é dar a coñecer as tradicións galegas entre a xente nova. 

    Na súa orixe, a regueifa era unha especie de bola de pan que se ofrecía como sobremesa nas vodas. Os dous poetas presentes no convite desputábanse o privilexio de repartir este doce, de aí que ás coplas que cantaban se lles acabase chamando regueifas.

    Redacción Salnés