![]()
VILAGARCIA> Os alumnos de Xestión de Comercio e Marketing do Instituto Armando Cotarelo Valledor, de Vilagarcía, iniciaron hoxe unha folga…
{flowplayer}images/salnes/FOLGA_COTARELO.flv{/flowplayer}
… indefinida polo conflito que manteñen cunha profesora. Os mozos acusan a Emilia Rodicio de actuar con eles de forma arbitraria e de non avanzar nas materias que lles imparte tanto no ciclo medio como no superior. Xa non é primeira protesta que fan estes alumnos no curso.
O conflito propiciou xa a intervención da Delegación de Educación. Ás clases desta profesora asistiron inspectores e mesmo un especialista para comprobar a denuncia dos alumnos. O único que conseguiron foi que a profesora collese unha baixa.
Esta semana incorporouse ó seu posto e volveron os problemas. Os estudantes din que non quere ter en conta a avaliación feita pola substituta e, polo tanto teñen un boletín de notas cun branco nas súas materias.
Os alumnos considéranse desprotexidos ante esta situación e afirman estar fartos.
Redacción Salnés








