VILAGARCÍA> O VIII torneo intercidades panos brancos contra a droga reuniu a máis de 200 alumnos en Vilagarcía. Ademais dos vilagarciáns tamén estiveron presentes escolares de Ribeira e Cambados.
A fundación contra o narcotráfico celebrou en Vilagarcía as finais do VIII Torneo Intercidades Panos Brancos contra a droga. Con esta competición búscase mentalizar ós alumnos dos valores do deporte para eludir o consumo de drogas.
En Fontecarmoa déronse cita 200 deportistas das diferentes modalidades: Fútbol, baloncesto e atletismo, de varios institutos de Vilagarcía, Cambados e Ribeira. Fomentando tamén o compañeirismo.
Os equipos participantes eran mixtos e a idade dos deportistas situábase entre os 12 e os 16 anos.
Para finalizar, os deportistas firmaron unha bandeira na que escribiron a súa mensaxe contra o consumo de drogas. A fundación contra o narcotráfico continuará o seu labor de concienciación con actividades nos centros educativos.