A Plataforma denuncia que a Mina de Touro levaría trinta anos contaminando a ría de Arousa

VILAGARCÍA> A Mina de Touro levaría trinta anos contaminando a ría de Arousa. Así o asegura a Plataforma para a Defensa da Ría, baseándose nunha serie de análises realizadas por Augas de Galicia nas que detectaban vertidos procedentes da mina de cobre que funcionou na zona. Ante esta realidade, a plataforma prepara unha nova gran mobilización.

O proxecto para reactivar a mina de Touro pon o foco sobre as condicións nas que traballaba a antiga explotación de cobre que funcionaba na zona. Segundo documentos que saca á luz a Plataforma para a Defensa da Ría, levaría trinta anos contaminando a ría de Arousa.

Ante a presión social contra a mina, Augas de Galicia realizou unha inspección e requiriu un proxecto de drenaxe, tratamento e control de augas. Agora, a empresa solicita unha autorización de vertidos contaminantes antes a Xunta.

Dende a Plataforma non dubidan do impacto que estes vertidos teñen na riqueza produtiva da ría. Poñendo en perigo recursos tan importantes como o berberecho.

Ante esta situación, os colectivos que forman a plataforma esixen á Xunta que non se conceda o permiso de vertidos, que se abandone a reactivación da mina e que se recuperen os terreos que ocupou a explotación. Tamén están a preparar unha nova gran mobilización que se celebraría en Santiago de Compostela.

Comments are closed.