![]()
O GROVE> A cita gastronómica pechou hoxe as súas portas, coa satisfacción de ter vendido 180.000 racións, 30.000 máis que hai un ano.
A edición número 46 da Festa de Marisco do Grove pecha hoxe as súas portas con éxito de participación e tamén de venda de racións. O alcalde do municipio, José Antonio Cacabelos, amouse hoxe encantado coas cifras desta edición.
Solo na xornada do sábado, vendéronse 35.000 racións dos manxares das Rías Baixas. A terceira cifra máis importante nun solo día, na historia desta festa. Total 2 A Festa de Marisco do Grove é a cita gastronómica máis importante da comarca do Salnés e supón unha importante fonte de ingresos para a zona. Dende o xoves, día 8, rexistrábase unha ocupación hoteleira dun 100% no Grove e cercana ó tope, no resto da comarca.
IMPORTANTE REPRESENTACIÓN POLÍTICA
Hoxe celebrouse a última xornada de degustación na que estiveron presentes o Delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro, o secretario xeral do PSdeG, Pachi vázquez e o secretario provincial do PSOE en Pontevedra, Modesto Pose, ademáis doutros cargos socialistas. Coincidindo coa última xornada de degustación deuse a coñecer a escultura gañadora do simposio de Escultura que se celebra, cada ano, durante a Festa de Marisco do Grove e que vai xa pola vixésima edición.
Redacción Salnés
{flowplayer}images/salnes/121009_festa_marisco.flv{/flowplayer}






