RIBEIRA> Lisardo Valeiras Bravo, a título póstumo, Xosé Antonio Ventoso Mariño, Ricardo Pérez Queiruga e Xosé Luis Torres Colomer recolleron de mans do actual alcalde, Manuel Ruíz, a medalla de ouro do Concello. Nun ateigado salón de plenos, corporación municipal, aproveitando o derradeiro acto institucional da presente lexislatura, procedía á entrega da medalla de ouro do Concello ós catro ex-alcaldes da democracia: a Lisardo Valeiras Bravo, a título póstumo e que foi recollido pola súa dona; a Xosé Antonio Ventoso Mariño; a Ricardo Pérez Queiruga e a Xosé Luis Torres Colomer. Un a un, todos recolleron da mans do actual alcalde, Manuel Ruíz, a distinción. Dábase así cumprimento a un acordo plenario de novembro de 2014 en recoñecemento á súa contribución ó desenvolvemento económico, social e cultural do municipio, así como tamén pola firme defensa dos valores da democracia. Todos eles, recolleron con emoción e orgullo o distintivo, agradecendo enormemente o xesto da actual corporación municipal. Lisardo Valeiras estivo á fronte do oncello de Ribeira no período de 1979 a 1983; Xosé Antonio Ventoso entre os anos 1983 e 1987; Ricardo Pérez Queiruga, entre 1987 e 1991; e Xosé Luis Torres Colomer, de 1991 a 2011.
Inicio Barbanza - Muros - Noia