O furtivismo reincidente conlevará penas de ata dous anos de prisión

    BARBANZA> O vindeiro un de xullo entrará en vigor a reforma do código penal que tipifica o furtivismo como delito. A partir de entón, os mariscadores ilegais enfrontarase a penas de entre seis meses e dous anos de prisión por extraer marisco sen o permiso de explotación pertinente. O pasado 26 de marzo, o Congreso aprobaba a modificación do Código Penal. Entre as novidades, o cambio de tipificación do furtivismo reincidente que pasa de falta administrativa a delito penal. A norma, consensuada con boa parte do sector, vén satisfacer unha vella demanda das asociacións de mariscadores que sempre defenderon a necesidade de contar cun marco legal para combater o furtivismo nas súas concesións. Agardan que a inhabilitación e as penas de prisión sexan suficientes para disuadir ás persoas que a diario baixan ás praias a extraer marisco sen autorización. Lembran que ata o momento fano con total impunidade. Ademais da súa catalogación como delito penal, os representantes dos mariscadores entenden que é preciso aplicar outras medidas. Entre elas, o control das canles de comercialización ilegal ou a inserción dos furtivos en programas de traballo social. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/28/conselleira_mar_furtivismo_2805151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/28/conselleira_mar_furtivismo_280515.mp4{/flowplayer}

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí