Escolares de Ribeira reciben a visita virtual de Papá Noel

RIBEIRA> Os nenos do colexio de Frións, en Ribeira, tiveron ocasión de manter unha conversa con Papá Noel. Fixérono por videoconferencia na aula CEMIT da localidade.

Así de ilusionados se amosaban os nenos de infantil do colexio de Frións coa visita virtual de Papá Noel. Mediante videoconferencia tiveron ocasión de saudalo e lembrarlle as súas peticións de cara á noite máis máxica do ano.

Dende Laponia, Papá Noel comprometeuse a cumprir todos e cada un dos encargos sempre que os nenos cumpran a súa promesa de portarse ben durante todo o ano.

Esta actividade, impulsada pola concellería de Novas Tecnoloxías,  enmárcase na programación de Nadal do concello a través dun convenio coa rede de aulas cemit de Galicia.

Trala visita dos escolares de Frións, tocoulles a quenda ós alumnos do colexio Bayón. Prevese que en vindeiros anos poidan participar tódolos centros educativos do municipio.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí