Vicepresidencia estenderá a rede de locais de ensaio a Ribeira

    bnglocaisensaioribeira_100_161007.jpgRIBEIRA > O grupo municipal do BNG  ten xa o compromiso firme por parte da Dirección Xeral de Xuventude para a creación de locais de ensaio do municipio.

    A petición de locais de ensaio para Ribeira é xa unha vella reivindicación, que parte sobre todo dos grupos musicais de mozos do concello. Agora esta carencia pódese ver subsanada, pois o grupo do BNG de Ribeira xa ten moi encauzadas as negoaciacións coa Dirección Xeral de Xuventude para que a cidade conte con estes locais de ensaio. Unicamente falta que o concello ceda o local preciso a Vicepresidencia para que sexa acondicionado.

    A rede galega de locais de ensaio é unha iniciativa pioneira en España e que ademais está sendo imitada noutras comunidades autónomas, motivo polo que os nacionalistas cren aínda máis necesario que Ribeira entre a formar parte dela. Estes locais de ensaio favorecen a convivencia veciñal, xa que non causan molestias por ruido ós veciños.

    Web para usuarios

    Ademais, a partir de xaneiro, porase en marcha un portal web para os usuarios dos locais de ensaio que dará publicidade e asesoramento ós grupos musicais, abríndolle así moitas portas no difícil panorama actual musical. 

    O BNG ribeirés levará mediante unha moción a petición de que o concello ceda os locais ó vindeiro pleno municipal para que o tema se axilice, pois cren que o concello xa posúe inmobles en propiedade que reúnen as características necesarias para converterse en local de ensaio.

    Redacción Barbanza