O executivo ribeirés solicita un novo obradoiro de emprego

    illotenoro2_100_050309.jpgRIBEIRA> A petición xa lle foi remitida á Consellería de Traballo.

    {flowplayer}barbanza/illotenoro2.flv{/flowplayer}

    O obradoiro chamaríase “Illote Noro II”. Nel poderían tomar parte unhas 45 persoas, todas elas maiores de 25 anos, cunha difícil inserción laboral. Habería tres módulos: albanelería, carpintería e xardinería e sería unha continuidade dos obradoiros “Illa de Sagres” desenvolvido no ano 2006 e “Illote Noro”, que se puxo en marcha o ano pasado e formou a un total de 26 persoas.

    Mellora das infraestruturas

    A pretensión do executivo local que preside Xosé Luís Torres Colomer é realizar unha serie de actuacións que veñan redundar na mellora de infraestruturas e calidade de vida das distintas parroquias do municipio.

     Mantemento xardíns e espazos públicos

    Entre as actuacións que o goberno local ten en mente levar a cabo figuran diversas melloras no Parque Periurbano de San Roque, como é o caso do acondicionamento das pistas e sendas peonís ou mesmo labores de xardinería. Dentro do proxecto amén se integran a realización de melloras en diferentes áreas recreativas do municipio entre as que se atopan a de Cruxeiras, Monte de San Alberto, Espiñeirido ou a zona próxima á Pedra das Cabras . Os alumnos do novo obradoiro tamén desenvolverían labores de mantemento dos xardíns e espazos públicos, creando novo mobiliario urbano en madeira.

    O último Obradoiro de Emprego, “Illote Noro”, estivo cofinanciado polo concello ribeirés, a Consellería de Traballo da Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo. Nel investíronse uns 685 mil euros, dos cales 560 mil foron aportados pola Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo, e a cantidade restante, uns 125 mil procedían das propias arcas municipais.

    Redacción Barbanza