RIBEIRA> O acto será o mércores 13, ás 19 horas, no Museo do Gravado de Artes.
A Ministra de Fomento, Ana Pastor Julián, presidirá este mércores a entrega de premios da V edición dos Premios Internacionais Atlante, que se desenvolverá nas instalacións do Museo do Gravado de Artes. O evento contará tamén coa participación de distintas autoridades da comarca do Barbanza e distinguidos persoeiros da Fundación Museo de Artes. Na edición deste ano, participaron neste prestixioso concurso 230 obras de 15 países. Entre os gañadores, figura o cordobés Ismael Mansilla Orgambídez, o madrileño Juan Lara Hierro, a viguesa Yolanda Carbajales e o polaco Tomasz Winiarski. Ademais, o Premio de Gravado Barbanza – Ría de Arousa, dirixido a fomentar a arte dentro da comarca, será entregado á noiesa Rosana Calvo Agraso. O xurado que emitiu o fallo no pasado mes de marzo estivo formado por Isabel Pintado, Carmen Hermo, Algonso Costa, Manuel Ayaso, Juan Monterroso, José Manuel López e Daniel Buján.