O concello do Grove aposta pola continuidade das Galescolas

    galescola100.jpgO GROVE> "Que lle cambien de nome ou que cambien os mandilóns pero que conserven as Galescolas". Este é o desexo do edil de Igualdade e Benestar…

    … do concello do Grove ao preguntarlle sobre o futuro da Galescola do municipio. O concello meco confía en que o futuro goberno da Xunta de Galicia conserve a estrutura destes centros educativos que facilitan a conciliación da vida familiar e laboral. 

    A galescola do Grove conta con 80 prazas e ten lista de espera. Ante a crecente demanda, o concelleiro de Benestar e Igualdade aposta pola creación dunha segunda Galescola no municipio. O grupo de goberno está buscando unha ubicación para este segundo centro que complementaría a labor da anterior gardería, hoxe convertida en Galescola. "Un centro que nunca tivo tanto persoal e tanta capacidade como actualmente", segundo Álvarez.

    O concelleiro de Benestar e Igualdade negociou co goberno bipartito na Xunta unha mellora das instalacións, do centro educativo, de cara ao ano 2009. Unha reforma que agora depende do vindeiro presidente da Xunta e da súa decisión con respecto aos proxectos do anterior executivo.

    Redacción Salnés

    {flowplayer}040309_galescola_grove.flv{/flowplayer}