Durán agarda que o problema dos lindes non atrase as obras

    VILANOVA> O Alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, restou hoxe imoprtancia á polémica xurdida pola franxa que separa o seu Concello de Vilagarcía no lugar onde esta ubicado o Hospital do Salnés. Durán agarda a que estes detalles técnicos non ralenticen o comezo das obras de ampliación deste centro hospitalario comarcal.

    Unha vez que as obras de ampliación do Hospital do Salnés contan cas correspondentes licencias por parte dos Concellos de Vilagarcía e Vilanova, o Presidente da Mancomunidade do Salnés e alcalde vilanovés, Gonzalo Durán, agarda que se comecen canto antes. Durán restou importancia á polémica xurdida entre o límite dos dous Concellos. Asegurou que este é un concepto que está claro desde fai anos. Durán apunta que é a Deputación a que ten que desfacer este entorto dos lindes; unha confusión que agarda que os técnicos vilagarciáns comprobasen sobre o terreo antes de pronunciarse. En calquera caso, o Concello vilanovés agarda que esta diferencia no linde de 10 metros non atrase o comezo das obras, co fin de non perder os Fondos FEDER que están destinados a sufragala. Estas declaracións eran feitas por Durán nun aparte á lectura de textos coñecida como Cen Voces para lembrar a Valle; dentro dos actos previstos na Semana da Cultura de Vilanova. Os dous libros escollidos este ano para lembrar ó creador do esperpento foron Cabeza de Dragón e Femeninas.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/24/valle.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/24/ptac_xornadas_valleinclan.mp4{/flowplayer}