VILAGARCÍA> Logo de triunfar na Primeira División Nacional, os xogadores prepáranse para o seguinte reto: enfrontarse ó Cáceres como primeiro paso para ascender a División de Honra B. A ida disputarase o 22 de marzo no campo rival.
{flowplayer}images/salnes/040309_recepcion_ingleses.flv{/flowplayer}
Os ingleses son xa o equipo rebelación da Primeira División Nacional de rugby. Se a principio de temporada entraban na categoría como convidados, o paso das xornadas demostrou por que son os campións de liga.
O concello de Vilagarcía recibiu a algúns dos xogadores para felicitarlles polo triunfo e entregarlles un pequeno agasallo. Durante a recepción, Raúl Varela, o adestrador do equipo, desvelaba a clave do seu éxito: traballo e concentración no terreo de xogo.
O seguinte obxectivo dos ingleses será facerse co pase a División de Honra B. Para conseguilo terá que derrotar ó Cáceres na primeira fase de ascenso. A ida xogarase o vindeiro 22 de marzo no campo rival, onde intentarán sumar un bo resultado. Enfronte terán un equipo veterano e bastante descoñecido para os vilagarciáns. A volta disputarase en Vilagarcía o vindeiro 29 de marzo.
Redacción Salnés