Xa hai inscritas máis de 300 persoas no Día da Bici de Ribeira

RIBEIRA> A actividade desenvolverase o domingo 15 de xuño, a partir das once da mañá, na praza de España. Durante a presentación do Día da Bici déronse a coñecer diferentes detalles do que será esta cita deportiva, que co paso dos anos está a adquirir un maior protagonismo. A proba estará aberta a calquera afeccionado ó mundo do ciclismo, non só de Ribeira senón tamén doutros concellos veciños. Un dos apartados máis destacados será, sen dúbida, a ruta en bicicleta que se organizará ese día. Terá un percorrido duns nove quilómetros e medio e dará comezo ás once da mañá dende a praza de España. Na propia praza de España haberá tamén outras actividades, así prevese a realización dunha xincana e unha concentración de motos de plástico para os máis pequenos. Ó remate procederase ó sorteo de agasallos entre tódolos participantes. Dende a organización agradeceron ás distintas entidades a colaboración con esta actividade, na que a día de hoxe xa hai inscritas unhas 300 persoas. As inscricións pódese formalizar a través da páxina web municipal www.riveira.es. O prazo para apuntarse finaliza o vindeiro xoves 12 de xuño.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí