O Extrugasa busca pechar a liga como primeiro de grupo

baloncesto250_230410.jpgVILAGARCÍA> O Extrugasa pecha mañá a liga regular co derradeiro encontro ante o Cáceres. As de Tito Díaz viaxan hoxe a terras extremeñas coa intención de traerse a victoria e poder optar ó primeiro posto do grupo.

{flowplayer}images/salnes/baloncesto_230410.flv{/flowplayer} 

Este sábado a LF2 porá o peche á temporada regular. Atrás quedarán 28 partidos nos que o Extrugasa demostrou que quere voltar canto antes á élite do baloncesto nacional. Xa metidas na fase de ascenso dende hai tempo, as de Tito Díaz buscarán mañá o primeiro posto do grupo. Para que iso suceda o Ensino ten que gañar na súa cancha ó Burgos. Iso sí, o Extrugasa tamén debe superar a un rival como o Iberconsulting Cáceres, que se está a xogar a permanencia e que non porá as cousas sinxelas.

Mentres no Grupo B son catro os equipos que loitarán esta semana por dúas prazas na fase, no ‘A’ tan só queda por coñecer un rival para as vilagarciáns: Ensino ou Caja Rural Zamora. Tito Díaz prefire que sexan as lucenses as que se clasifiquen.

Os horarios para a derradeira xornada volven a estar unificados e tódolos encontros disputaranse ás 19:00. As vilagarciáns están en perfectas condicións para afrontar o choque, sen ben o pesado traslado en autobús que afrontan hoxe pode quitarlles algo de frescura mañá sobre o parqué.

Redacción Salnés