O executivo ribeirense levará a cabo novas probas de implantación de áreas peonís

    RIBEIRA> As probas iniciaranse xa esta fin de semana e afectarán a varias rúas do centro urbano. A partir das tres da tarde deste sábado quedará restrinxido o acceso do tráfico ás rúas Rosalía de Castro, no tramo comprendido entre a praza do Concello e rúa Galicia, á rúa Mendiño, á rúa Otero Pedrayo e á rúa Mariño de Rivera, entre a avenida Miguel Rodríguez Bautista e a praza do Concello. Si se permitirá o acceso a garaxes, ademais de para labores de carga e descarga e vehículos de emerxencia. Consecuentemente con isto no se poderá aparcar salvo para carga e descarga nos horarios regulamentarios. Ademais prevese tamén invertir o sentido da vía na travesía Canarias. Está previsto que os ensaios permanezan operativos ininterrompidamente ata o luns 21 de novembro. Cómpre lembrar que a decisión destas probas foi tomada na Mesa da Peonalización celebrtada o pasado mes de xullo en consonancia co Plan de Mobilidade Urbana Sostible.