As obras no polígono de Baión prexudican os accesos dos veciños

    taller100.jpgVILANOVA> Os accesos ás vivendas e aos negocios son precarios e mesmo se chegou a illar unha nave da zona, durante dous días, por mor das obras…

    …Os afectados solicitan á Xunta unha mellora nos accesos, antes de que os traballadores abandonen as obras.

    Ramón García inaugurou o seu taller mecánico en Baión, hai máis de 25 anos. O seu negocio está a sufrir agora graves inconvenientes por mor das obras de construción do polígono. Durante dous días, os operarios cortaron os acesos a este taller, deixándoo incomunicado e sen previo aviso. 

    Pero este non é o único problema derivado das obras que afecta a este empresario do sector da mecánica. Os accesos ao taller son moi estreitos e non caben dous coches á vez, a pesar de que se trata dunha estrada de dobre sentido.

    O afectado desprazouse ata Santiago de Compostela para entrevistarse con representantes da empresa adxudicataria das obras, sen éxito. Este mecánico esixe unha solución inmediata, antes de que as obras rematen, e o aceso ao seu negocio, quede limitado, de por vida

    Ramón García advirte, se non se amplían os seus acesos, mobilizará aos corenta veciños da zona, afectados pola obra coa fin de levar a cabo varias protestas contra o concello e contra a Xunta de Galicia.

    Redacción Salnés

    {flowplayer}images/salnes/050309_taller_motor_16.flv{/flowplayer}