BOIRO> A Conselleira de Medio Ambiente presidiu o acto de izado da bandeira azul en Barraña. Durante a súa visita a Boiro, Ethel Vázquez anunciou unha importante actuación para seguir avanzando na calidade das augas no municipio: a mellora do saneamento no río Breiro A Consellería de Medio Ambiente investirá preto dun millón de euros na mellora da rede saneamento, coa substitución do colector, a intervención no cauce do río e a construción dun sendeiro no río Breiro, en Boiro. Esta infraestrutura hidráulica vense sumar ás acometidas polo departamento autonómico nos últimos meses para contribuír a unha maior calidade das augas como son os boombeos de Esteiro e Subuqueiro, actualmente en execución cun orzamento dun millón de euros. Precisamente grazas a estes investimentos Boiro sitúase como segundo concello da provincia con maior número de bandeiras azuis, con seis distintivos nas súas praias, ós que prentenden sumar un novo para o próximo ano.
Inicio Barbanza - Muros - Noia