MUROS> O Servizo Marítimo da Garda Civil, en colaboración con Gardacostas da Xunta, comisou uns 2.293 quilos de sardiña no peirao de Muros.
Ó parecer os axentes destas dúas unidades, que estaban realizando un control de capturas, observaron a realización dunha manobra por parte dun cerqueiro nunha zona prohibida.
Unha vez atracada a embarcación a porto solicitáronlle ó patrón os rexistros das capturas nos que constataron que declarara 2.300 quilos de peixe en dúas operacións, unha pola totalidade do declarado e outra sen resultado.
Ante esta irregularidade procederon a realización das correspondentes actas de denuncia por supostas infraccións, tanto de pesca en zona prohibida como tamén por falsificar datos no diario de pesca.
Tamén se procedeu ó comiso da sardiñas capturadas, que foron recollidas por persoal do Banco de Alimentos Rías Altas.