Sanmamed presenta a súa candidatura á presidencia da RFEP

sanmamed250_050309.jpgPONTEVEDRA> Santiago Sanmamed, actual presidente da Real Federación Española de Piragüismo, presentou onte no Hotel Rías Bajas de Pontevedra a súa candidatura á reelección do máximo organismo estatal de piragüismo. O pontevedrés elixiu a súa cidade para ofrecer os detalles que o poderían levar a afrontar o seu terceiro mandato consecutivo.

{flowplayer}images/salnes/Candidaturasanmamed_040308.flv{/flowplayer} 

Numerosos representantes do piragüismo galego apoiaron hoxe a presentación da candidatura de Santi Sanmamed á súa reelección como Presidente da Federación Española de Piragüismo no hotel Rías Bajas. Tito Valledor, Suso Morlán ou José Chamosa estiveron entre os presentes.

O compromiso electoral de Sanmamed vai dende asegurar unhas eleccións transparentes, a acadar unha medalla de bronce en Londres 2012 e asegurar que se manteña o nivel de sponsors e recursos propios actuais que garanticen as actividades do piragüismo.

O seu rival para esa reelección será Juan José Román Mangas, que onte presentou a súa candidatura en Madrid. Sanmamed non cre que o que fora campión do mundo de Augas Tranquilas en 1991, poida ser un duro competidor para el.

Sanmamed falou tamén sobre o caso da agresión de Enrique Prendes, da que volveu a asegurar que non tivo nada que ver, así como recalcou que o caso está nas mans dos seus asesores xurídicos.

A Asemblea Xeral que elixirá ó presidente estará formada por 103 membros, 20 natos e 83 electos. Entre os membros electos atópanse 40 clubes, 21 deportistas, 12 técnicos, 8 árbitros e 2 entidades do turismo náutico. Galicia será clave na elección porque aporta 35 deses membros.

De repetir no cargo Sanmamed deixou entrever que estes serían os seus últimos catro anos ó frente da federación e que traballará para traer a Pontevedra a proba máis importante do calendario nacional de competicións.

Redacción Salnés