Os alumnos do Rosalía de Castro poñen en marcha o seu composteiro

VILAGARCÍA>Os alumnos do CEIP Rosalía de Castro poñen en marcha o seu propio composteiro.Os estudantes de Carril mostran a súa preocupación polo medio ambiente e implícanse na reciclaxe.

O equipo de Voz Natura do CEIP Rosalía de Castro levou a iniciativa para que o seu centro se adherise ó plan Revitaliza. Un plan organizado pola deputación de Pontevedra xunto co CEIDA co obxectivo de concienciar tanto a comunidade docente como ó alumnado das problemáticas dos residuos.

O composteiroafianza a aposta polo coidado medioambiental que fan dende o colexio de Carril, xa que será o complemento perfecto para a súa horta ecolóxica.

Para concienciar ós alumnos a Deputación de Pontevedra impartiu charlas, xogos e talleres sobre compostaxe, e os máis cativos demostran todo o aprendido.

Dende fai un mes a deputación de Pontevedra está instalando no Concello de Vilagarcía varios centros de compostaxe comunitarios e a previsión e seguir instalando outros novos, para iso estanse a realizar charlas informativas nos vecindarios.