‘Se a xente pensa que me teño que ir, ireime, pero que non a enganen’

    ev angelina copia.jpg VILANOVA> Evangelina Lago, patroa maior, denuncia que a recollida de sinaturas que está facendo a agrupación de mariscadoras é un ‘acto político’ para ‘coller o poder’.

    {flowplayer}images/salnes/EleccionsConfrariaVilanova.flv{/flowplayer}

    Para adiantar as eleccións na confraría son precisas as sinaturas de dous terzos dos asociados. A Asociación de Mariscadoras a pé presentou diante do ente autonómico 238 firmas dos 386 socios que ten o pósito en total. Dende a Asociación de Mariscadoras queixanse de ter que facer o proceso case a cegas posto que segundo din sempre se lles negou o censo.

    Para Dora Nogueira, presidenta do colectivo de mariscadoras, o número de sinaturas acadado demostra do descontento da confraría coa actual xestión, e asegura ademais que a patroa maior, Evangelina Lago, está contra a actual directiva das mariscadoras. Para Lago, sen embargo, a maioría dos que asinaron fixerono enganados e pide á directiva que non minta.

    Polo de agora o proceso continúa parado, por parte da asociación seguirán tratando de acadar as dez sinaturas que precisan para tratar de adiantar os comicios, a patroa maior para súa banda asegura que no caso de que o consigan ela non impedirá o proceso.

    Redacción Salnés