VILAGARCIA> Os adestradores do futuro comezarán a formarse esta semana en Vilagarcía. O instituto Fermín Bouza Brey inicia dúas novas edicións dos ciclos de técnicos deportivos de Vela e Baloncesto. Cada curso estará formado por 12 alumnos.
O instituto Fermín Bouza Brey presentou unha nova edición dos ciclos deportivos de réxime especial. No centro vilagarcián impártense os estudos de técnicos deportivos de grado medio e superior de baloncesto, e de grado medio de vela. No caso da vela adquírense diferentes competencias.
En canto o baloncesto, o instituto imparte esta modalidade dende hai 11 anos. O ciclo medio é só un curso e o superior son dous. A oferta de saídas profesionais tamén é moi ampla.
Ademais das clases habituais, os alumnos gozarán de diversas actividades fora das aulas para seguir aprendendo.
A presentación tamén acudiu o secretario xeral para o deporte. Lete Lasa destacou a importancia fundamental dos adestradores en calquera disciplina deportiva.
O curso divídese en dúas partes. A inicial vai dende outubro ata xaneiro e a final de Xaneiro a Xuño. Para acceder á fase final é necesario aprobar toda a primeira parte.