A Xustiza ordena a retirada da antena de telefonía móbil instalada en Corón

    antena_coron100.jpgVILANOVA> Os operarios comezaron o xoves cos traballos para desmontar a antena de telefonía móbil construída en Corón, que tiña en vilo a os veciños da zona…

    … A instalación será retirada da zona, nas vindeiras semanas. Os veciños, que xa se mobilizaran para esixir a retirada desta antena, están agora satisfeitos.

     A instalación está ubicada a menos de 200 metros das casas, e do colexio do lugar, o que facía temer pola saúde dos que frecuentaban a zona. Despois de levar a cabo varias mobilizacións ante o concello e contra a empresa responsable da antena, os veciños estaban hoxe felices.

    O concello de Vilanova iniciou os trámites administrativos para retirar esta instalación, no ano 2001, alegando que a antena non contaba coa licenza de funcionamento. O órgano xudicial deulle a razón ao concello e obriga á empresa Vodafone a retirar esta infraestrutura.

    Os veciños de Corón piden que se instalen as antenas en terreos, lonxe das vivendas. Segundo os veciños, a antena de telefonía móbil emitía radiacións, 30 veces por riba do nivel permitido pola lei.

    Redacción Salnés

    {flowplayer}images/salnes/060309_antena_coron.flv{/flowplayer}