Negreira anuncia as principais accións do goberno do PP no Barbanza

    ppbarbanza_100_060309.jpgRIBEIRA> O presidente provincial do PP da Coruña, Carlos Negreira, mantivo unha xuntanza de traballo cos representantes do partido na comarca.

    {flowplayer}barbanza/ppbarbanza.flv{/flowplayer}

    O balance dos resultados electorais non pode ser máis positivo para os populares posto que foron a forza máis votada en 86 dos 94 concellos da provincia da Courña. No Barbanza, o PPdeG obitvo máis do cincuenta por cento dos votos e gañou en 81 das 85 mesas electorais.

    Pero estes bos resultados non supoñen só unha satisfacción para o partido senón unha alta resposabilidade á hora de cumprir os compromisos adquiridos coa cidadanía. A prioridade absoluta dos populares é a creación do emprego e a dinamización da economía para saír da crise en que se atopa a comunidade.

    Servizos e infraestruturas

    Pero non só o paro e a economía centran o programa de goberno do PPdeG que tamén aposta por mellorar servizos públicos como a sanidade a educación ou os servizos sociais. A creación de infraestruturas tamén é unha prioridade para o futuro goberno de Núñez Feijóo. No Barbanza destacan a ampliación dos portos da Pobra, Ribeira e Cabo de Cruz ou a variante de Noia, entre outras infraestruturas viarias.

    Negreira tamén destacou que se paralizarán aqueles plans que xeraron un forte rexeitamento social como é o caso do Plan de Acuicultura. O PP optará por retomar o anterior proxecto no que non estaban incluidas moitas plantas como é o caso da de Laxe Brava en Corrubedo.

    O mesmo acontecerá co Plan Sectorial de Vivenda Protexida. Os populares apostarán pola ocupación de vivenda xa construída sen ocupar ou a creación de nova vivenda pero en chan público, sen necesidade de expropiar ós veciños.

    Redacción Barbanza