Xa falta menos para a Feira Celta de Porto do Son

PORTO DO SON> A cita festiva desenvolverase os días 27, 28 e 29 de xullo. Esta ano a feira presentase cunha importante novidade, xa que contará con máis concertos ca en anos anteriores. Xa falta menos para que a Feira Celta de Porto do Son devolva ás rúas da vila ó pasado durante a última fin de semana de xullo, os días vintesete, vinteoito e vintenove desde mes. A inauguración dará comezo o venres ás cinco da tarde, cando o mercado celta abra as súas portas con más de cen postos de artesanía. Outro dos convidados a este acto de presentación foi o xerente da empresa Rivendel, Pablo Llorente, que por segundo ano consecutivo encargarase da programación e realización desta festa. Como pratos fortes, as actuacións dos grupos Inside the Fantasy e Sub Umbra, ámbalas dúas na noite do sábado. Se o tempo acompaña, todo aquel que se achegue durante a próxima fin de semana de Porto do Son desfrutará entre outras actividades de música en directo, espectáculos circenses e contacontos para os máis pequenos.