O PSOE pide que se destine o POS a obras en materia de saneamento

    29

    BOIRO> O PSOE de Boiro solicita que se planifiquen as obras a incluír no Plan de Obras e Servizos da Deputación, priorizando aquelas actuacións máis necesarias. As melloras en materia de saneamento constitúen a principal demanda dos socialistas. O saneamento ocupa a maior parte das propostas realizadas polo PSOE de Boiro a incluír no Plan de Obras e Servizos da Deputación. A reparación das numerosas deficiencias que presenta a rede para eliminar os vertidos constitúe, segundo os socialistas, a principal necesidade do municipio neste momento. Os socialistas instan ó executivo a investir con sentido os fondos públicos e non acometer obras innecesarias que supoñan un custo engadido para o futuro.

    1
    2
    COMPARTIR