O IGAPE presenta as axudas para inxectar liquidez ás empresas

    charlaigape_100_060309.jpgRIBEIRA> A Asociación de Empresarios acolleu unha charla sobre as liñas de axuda que ofrece o IGAPE en colaboración con diversas entidades financieiras.

    {flowplayer}barbanza/charlaigape.flv{/flowplayer}

    O local da patronal ribeiresa case se queda pequeno para acoller ó gran número de empresarios que asistiron á charla organizada pola Cámara de Comercio sobre as axudas do IGAPE. E é que nesta difícil situación económica, os emprededores deben estar informados sobre as facilidades que lles ofrece tanto a administración pública como as entidades privadas para sacar adiante os seus negocios.

    O técnico do IGAPE, Francisco López, foi o encargado de explicar as liñas do convenio que o instituto vén de establecer coas entidades para permitir ós empresarios refinanciar as súas débedas ou obter liquidez. Trátase principalmente de tres tipos: de apoio a circulante, de refinanciación ou de ampliación do capital para inxectar liquidez.

    López explicou ademais as características e requisitos de cada empresa para acceder ás axudas posto que non tódolos negocios poden optar á estas subvencións que varían en función da actividade ou a dimensión da empresa.

    Na charla tamén participiou o responsable de Caixanova Empresas, Gerardo Fuertes, quen explicou a política desta entidade financieira de seguir concendendo créditos ás pymes para reforzar o tecido empresarial galego.

    Redacción Barbanza