A Demarcación de Costas investirá seis millóns de euros na Pobra

    proxectoseimil_100_09032009.jpgPOBRA> O xefe da Demarcación de Costas en Galicia, Rafael Eimil visitou o concello da Pobra para evaluar a marcha dos proxectos

    Son varios os proxectos que Costas ten previsto executar no concello de A Pobra: O máis urxente debido ao perigo que supón para os viandantes, será o acondicionamento do talude do lugar da Ribeiriña, que se desplomou hai xa varias semanas. Rafael Eimil asegurou que os traballos se iniciaran a finais desta semana. Tamén se estudiará a posibilidade de construir un muro de contención para evitar máis derrubamentos e se reducirá o tráfico rodado no vial, agás para residentes e servizos.

    Paseo peonil

    O responsable de Costas en Galicia tamén falou da demolición das antigas fábricas da Onza de Oro e Hadasa. Está previsto que estes traballos se inicien a principios deste verán. Unha vez remate os traballos de demolición, está prevista a retirada do recheo e a recuperación da liña da costa, onde se construirá un paseo peonil. Outro dos proxectos aos que fixo referencia Eimil foi o de recuperación das marismas das Xunqueiras. O responsable de Costas admitiu a dificultade que está a supoñer determinar os dereitos de propiedade dos donos dos terreos, o que está a frear o avance deste proxecto.

    {flowplayer}barbanza/proxectoseimil.flv{/flowplayer}

    Por último, Rafael Eimil anunciou que xa está redactado o documento do novo paseo peonil do bordo litoral, dende Cabio ata o Xobre. Costas tan só está a espera de que o concello de A Pobra lles poña a disposición os terreos para iniciar as obras. O rexedor pobrés, Isaac Maceiras non ocultou o seu agrado ante a atención que a Demarcación de Costas está a prestar ao concello de A Pobra, no que investirá máis de seis millóns de euros a través destes proxectos nos próximos anos.

    Redacción Barbanza