Comeza o xuízo polo dobre crime de Silleda

    xuizo_silleda_100_090309.jpgPONTEVEDRA> Os tres acusados polo asasinato dos arousáns Víctor Manuel González e Santiago Mondragón serán xulgados por un xurado popular.

    {flowplayer}images/salnes/090309_xuizo_crime_silleda.flv{/flowplayer} 

    Juan José Bertolo Ferreiro, veciño de Forcarei, foi o primeiro dos acusados en responder esta mañá ás preguntas do Ministerio Fiscal. Xunto a el atopábanse José Ramón Rey Docampo, de Silleda, e Carlos Montoro Sanmartín, orixinario da Estrada. Os tres están a ser xulgados polo asasinato a tiros de dous arousáns hai preto de catro anos en Silleda.

    Os feitos aconteceron o 26 de maio de 2005. O vilanovés Santiago Mondragón Paz e o vilagarcián Víctor Manuel González Silva aparecían mortos nunha pista de Dornelas, Mondragón con cinco impactos de bala e González con dous. Segundo o Ministerio Fiscal, os supostos autores da matanza actuaron de xeito premeditado, ameazando ás súas vítimas primeiro para logo dispararlles polas costas sen permitirlles defenderse.

    Tanto as acusacións particulares como a Fiscalía piden penas de 42 anos de cárcere para cada un dos procesados, 20 anos de prisión por cada asasinato e dous máis por tenencia ilícita de armas. Un xurado popular será o encargado de ditaminar a inocencia ou culpabilidade dos acusados. Segundo fontes da investigación, o crime podería estar relacionado cun axuste contas polo suposto roubo de parte dun alixo de droga.

    Redacción Salnés