O BNG de Noia dá as costas ao proxecto de saneamento do municipio

plenosaneamentonoia_100_09032009.jpgNOIA> O socio de goberno dos socialistas votou en contra deste proxecto redactado pola Consellería de Medio Ambiente.

Os noieses levan anos intentanto que se poña en marcha un proxecto de saneamento integral no municipio. A Consellería de Medio Ambiente, a través de Augas de Galicia, redactou un documento que non convenceu ao socio de goberno do partido socialista na localidade.

Proxecto deficitario

Este rexeitamento quedou patente na última sesión plenaria. O nacionalista Bieito González deixou claras as razóns polas que dan as costas ao proxecto presentado pola Xunta de Galicia: considera que o proxecto presenta serias eivas como o sistema de canalización unitario.

{flowplayer}barbanza/plenosaneamentonoia.flv{/flowplayer}

Tamén o voceiro do partido popular, Antonio Pérez Insúa apoiou o aprazamento do debate sobre este asunto dando os mesmo argumentos: o sistema de instalación dunha rede unitaria para augas fecais e pluviais que prevé o proxecto de Augas de Galicia non é o máis adecuado, dado que prexudicaría aos intereses de miles de familias noiesas que viven do marisqueo. O partido popular de Noia cree que o debate debería quedar aprazado ata que tome posesión o novo goberno autonómico.

Falta de entendemento

Deste xeito, o partido socialista quedou só tras o voto en contra do BNG e o partido popular. O alcalde noiés, Rafael Guerrero, ao final da sesión plenaria, manifestou o desencanto ante este rexeitamento ao un proxecto moi necesario que voltará sufrir retrasos e admitiu que esta falta de entendemento fai máis difícil o traballo do goberno. Malia todo, asegurou que non ten a intención de dimitir como rexedor do concello de Noia.

Paralemente a este asunto, neste pleno tratouse a aprobación das obras da rúa Galicia, que se financiarán con partidas orzamentarias destinadas a outras actuacións, concretamente os 22 mil euros dos traballos que se ian desenvolver na Horta do Marqués e os nove mil destinados a arranxar as pista polideportivas de Barro. A corporación local noiesa deu luz verde a remodelación das rúas Porta da Vila e Escultor Ferreiro. Na adxudicación da obra, que se realizará con criterio de urxencia, primarán a creación de postos de traballo e o menor prexuicio aos cidadáns de Noia.

Redacción Barbanza