Os mariñeiros do Vega 5 descansan en familia tras vivir un pesadelo

regresomarieirovega_100.jpgMUROS> Alfonso García desprazábase ata  Pontevedra e Alfonso Rey pisaba de novo a súa casa no concello de Muros.

Juan Alfonso Rey e José Alfonso García, os dous mariñeiros do Vega 5 que estiveron cinco meses secuestrados por piratas somalís, xa descansan nas súas respectivas vivendas en Galicia. Na madrugada do xoves aterraban no aeroporto santiagués de Lavacolla onde foron recibidos polas súas familias, representantes da empresa Pescanova e por distintas autoridades, entre outros, a ministra de Medio Ambiente e Medio Rural, Rosa Aguilar e o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo. 

{flowplayer}barbanza/regresocapitanvegamuros.flv{/flowplayer}

Tras unha esgotadora viaxe de varios días dende algún lugar de Somalia, os dous mariñeiros do Vega 5, chegaban de madrugada a terras galegas, tras cento trinta e sete días secuestrados por piratas. Alfonso García desprazábase ata a súa vivenda en Pontevedra e Alfonso Rey pisaba de novo a súa casa da rúa do Cabo no concello de Muros.

Experiencia moi dura

Malia que agora todo queda no recordo como un mal soño, os longos meses sen apenas noticias de Alfonso foron moi duros para os familiares do mariñeiro muradá. 

Á súa chegada ó aeroporto de Lavacolla, ambos mariñeiros confesaron que o secuestro fora unha experiencia moi dura pero mostráronse aliviados de estar a salvo e de regreso en Galicia. Tamén quixeron agradecer o esforzo da empresa Pescanova e das administracións públicas por non telos esquecidos durante estes longos meses de cativerio.

Pola súa banda, veciños da vila de Muros ofrecerán unha recepción ó mariñeiro liberado para mostralle o seu apoio e felicitalo polo feliz desenlace.

Redacción Barbanza