Sacyr ocupa os terreos próximos á rotonda de Xarás

    ocupacionxaras_100_090309.jpgRIBEIRA> A empresa mantén dende hai tempo un litixio co propietario da parcela que acusa á compañía de invadir ilegalmente a súa propiedade.

    {flowplayer}barbanza/ocupacionxaras.flv{/flowplayer}

    De nada serviu a oposición do vixilante, Manuel Cadaval, que dende hai varios meses mantiña garda as 24 horas do día enriba do tractor para impedi-la ocupación dos terreos. Unha dotación da Policía Autonómica cominabao a primeiras horas desta mañá a depo-la súa actidude e deixar traballar ás máquinas de Sacyr, que pretenden a ampliación da rotonda alí emprazada. A pesar de solicitarllelo en reiteradas ocasións, ninguén lle mostrou documento algún de que os terreos en cuestión foran expropiados.

    Ocupación ilegal 

    Os propietarios do terreo seguen considerando de que tanto Sacyr como a Consellería de Política Territorial, invadiron a súa propiedade de forma ilegal, polo que o caso está xa en mans da Xustiza. Pola contra dende a Xunta séguese afirmando de que os terreos foran expropiados e que, antes de acceder a eles, hai xa varios meses, efectuáronse os depósitos correspondentes polo alleamento da propiedade.

    Redacción Barbanza