![]()
NOIA> A escritora ferrolá participou no certame literario ca obra ‘Un bo día para pasear, Scott’. O xurado do concurso destacou a calidade do relato, cunha temática moi orixinal e cun gran dominio da linguaxe.
{flowplayer}barbanza/fallocertameavilestaramancosmaio13.flv{/flowplayer}
Este é o momento no que se daba a coñecer o nome da gañadora do certame de relato de aventuras Avilés de Taramancos que convoca cada ano a Casa da Gramática do IES Virxe do Mar e concello noiés. Foi precisamente o secretario do xurado, Xavier Castro, o encargado de descubrir a identidade da autora da novela ‘Un bo día para pasear, Scott’, da escritora ferrolá Ana María Galego.
Dominio da lingua
O xurado desta edición destacou a calidade da obra gañadora que foi elixida por unanimidade, valorándose a súa temática e o gran dominio da lingua por parte da autora.
Alta calidade
A esta edición do certame Avilés de Taramancos, que está galardoado cun único premio de tres mil euros e a publicación da obra, así como unha escultura do artista noiés Alfonso Costa, concorreron un total de 12 obras. O xurado destacou a alta calidade de todas elas.
Redacción Barbanza









